miércoles, 10 de noviembre de 2010

Comeza a cuarta edición do curso de corte e confección


[28/10/2010] A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, organiza por cuarto ano consecutivo o curso de corte, confección e patronaxe dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender a arte das agullas. O curso como en anos anteriores impartirase na aula de usos múltiples da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta actividade comezou hoxe e impartirase todos os xoves en horario de mañá, de 10:00 h. a 12:00 horas, e de tarde, de 18:00 h. a 20:00 horas. A quenda de tarde levarase a cabo no caso de sexa necesario dependendo do número de inscritos. O prazo para apuntarse aínda está aberto.


Un ano máis o Concello de Ames pon en marcha un novo curso de corte e confección, despois da boa acollida das edicións anteriores. Esta actividade impartirase todos os xoves na aula de usos múltiples da Casa da Cultura de Bertamiráns. Hai dúas quendas, de mañá, de 10:00 h. a 12:00 horas, e de tarde, de 18:00 h. a 20:00 horas. A quenda de tarde porase en marcha no caso de sexa necesario dependendo do número de inscritos. O prazo aínda segue aberto para todos aqueles que desexen aprender como deseñar e crear as súas propias pezas de vestir dunha maneira creativa, sinxela, económica e que atenda aos seus gustos persoais.

O curso é totalmente gratuíto e conta coa presenza de dúas profesoras voluntarias que teñen xa varios anos de experiencia, Braulia Hernández e Herminia Abete. Braulia, a profesora principal, é unha voluntaria xubilada, que despois de moitos anos exercendo como modista en Venezuela, retornou a Ames e é agora quen comparte e imparte todos os seus coñecementos de forma totalmente voluntaria. Herminia, pola súa banda, é a profesora de apoio, non por iso menos importante.

O curso impartirase desde hoxe con sesións semanais de dúas horas, ata o próximo mes de xuño. Ata o momento están apuntadas 12 persoas nesta edición, todas mulleres, aínda que o curso está dirixido a homes e mulleres de calquera idade. De feito en anos anteriores, o curso contou con alumnas de idades moi variadas, incluso unha rapaza de 15 anos.

Ao longo dese curso as alumnas poderán aprender a comprender os patróns base da costura e os seus escalados para crear elas soas os seus propios modelos ou transformalos. Este é un oficio que sempre esperta gran curiosidade entre todos/as aqueles afeccionados/as á moda.

Ao final do curso, como todos os anos, as alumnas terán a oportunidade de ofrecer ao público unha exposición de fin de curso, na que exhibirán as creacións que realizaron gracias aos coñecementos obtidos durante os próximos meses.

Con esta iniciativa, a Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), continua ofrecendo á poboación amiense unha formación moi demandada. Se queres apuntarte nesta actividade aínda estás a tempo de facelo. O curso é completamente de balde e para participar só hai que chamar á Oficina de Voluntariado de Ames marcando ou 981 883 703. Neste número tamén obteremos información sobre outras actividades da oficina e, o que é máis importante, explicarannos como podemos converternos nós en voluntarios.

O stand da OVA exposto na I Feira do Voluntariado tivo unha grande afluencia de público


[25/10/2010] O Centro Comercial de Area Central, situado en Santiago de Compostela, acolleu entre os días 21 e 24 de outubro a I Feira Galega do Voluntariado. A Oficina de Voluntariado do Concello de Ames (OVA) non faltou a esta cita e estivo representada cun stand propio. Ademais moitos dos voluntarios amienses que participan na OVA informaron a todo o público que pasou polo stand dos proxectos e actividades que se desenvolven no Concello de Ames. O alcalde de Ames, Carlos Fernández e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel González, tamén visitaron o stand amiense.

O Concello de Ames, a través da Oficina do Voluntariado, organiza numerosas actividades e eventos que serven para fomentar a participación social entre os diferentes individuos e colectivos da poboación amiense. Ademais a través deste servizo preténdese apoiar os sectores de poboación máis desfavorecidos como son as persoas maiores, inmigrantes, infancia, persoas con discapacidade, muller e minorías étnicas.

Co fin de dar a coñecer todas as actividades e obradoiros que se levan a cabo dende a OVA, esta institución acudiu á I Feira Galega do Voluntariado, que se desenvolveu entre os días 21 e 24 de outubro, no Centro Comercial de Area Central en Santiago de Compostela. Esta feira estivo organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e desenvolveuse cun dobre obxectivo. Por unha banda, a Xunta de Galicia pretendía difundir e promover o labor das asociacións de Galicia e, por outro, recoñecer e agradecer o traballo desinteresado que prestan os voluntarios e voluntarias.

Como soe ser habitual a Oficina de Voluntariado do Concello de Ames (OVA) estivo presente neste evento cunha ampla representación de voluntarias/os e un stand propio e innovador. Cómpre destacar que foron moitas as persoas que se pasaron polo stand amiense para informarse das actividades que se organizan no noso concello. Os asistentes puideron informarse dos proxectos e actividades que desenvolve o voluntariado municipal de Ames mediante dípticos, trípticos, cartelaría específica e a proxección de imaxes sobre o concello en xeral e sobre o voluntariado amiense en particular. Tamén se aproveitou esta cita para que todo aquel que o desexase se puidera facer voluntario/a e para intercambiar experiencias con outras asociacións e Concellos.

Ademais de difundir o labor dos voluntariado amiense tamén se informou sobre outras actividades culturais e deportivas. Moita xente que pasou polo stand da OVA interesouse polas rutas de sendeirismo que organiza o Concello de Ames. Outras persoas preguntaron por cuestión máis xerais. Así algúns veciños/as preguntaron polos trámites de empadroamento que hai que realizar para darse de alta no Padrón municipal. A máxima afluencia de público produciuse durante a tarde do sábado e do domingo.

Neste evento tratouse de dar a coñecer as diferentes actividades que se organizan desde este departamento municipal ao longo do ano. Algunhas destas actividades son o proxecto de acompañamento a persoas maiores e/ou persoas con discapacidade, a Escola Integral de Maiores, o proxecto de apoio escolar e actividades complementarias para nenos e nenas en risco de exclusión social ou o roupeiro municipal que se atopa nas dependencias municipais de Aldea Nova. Actualmente son arredor de 40 os voluntarios/as que participan nas diferentes accións que se organizan dende a OVA.

Neste encontro participaron 50 entidades que montaron o seu propio stand. Ademais, organizáronse diferentes excursión de estudantes de bacharelato e FP, universitarios, asociacións de amas de casa, de veciños, de consumidores e tamén da terceira idade. O evento contou con dous espazos diferenciados. Por unha banda, houbo unha zona expositiva, onde se colocaron os stands de cada unha das entidades que participan no encontro, e por outra parte houbo un espazo dedicado ao desenvolvemento de múltiples e diferentes actividades de ocio.

O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel González, non quixeron perder este congreso e tamén visitaron o stand amiense. Moitos dos voluntarios/as que realizan o seu labor de xeito desinteresado tamén se achegaron ata o stand do Concello de Ames.

martes, 9 de noviembre de 2010

volver,volver,volver


No se trata del titulo de una canción como alguna o alguno suponéis.
Hemos empezado un nuevo curso,muchas de vosotras y de nosotros lo estábamos deseando, porque además de ampliar nuestros conocimientos, volvemos a estar juntos y retomar nuestro ritmo de vida normal, después de un paréntesis de cuatro meses de vacaciones.
Los primeros días son de intercambio de información, como :
¿Donde has estado ? ¿cómo lo has pasado?¿qué morena vienes? etc etc etc.
Pero hay que volver al trabajo,tenemos que repasar lo que aprendimos el curso pasado y, abrir nuestra mente a nuevos conocimientos, además de clavar y bien clavado, aquellos temas que nos quedaron sujetos con alfileres.

Hay que seguir escribiendo en el blog, pues una cosa que empezamos con tanta ilusión, no debemos dejar que se pierda, por lo tanto os invito a seguir contando esas vivencias, esos momentos felices, esos momentos tristes que tuvimos pero que ya son pasado y, como dice un refrán, ""agua pasada no mueve molino" .

En fin,hay que volver al trabajo,por lo tanto sed bienvenidosy...........a seguir,que la vida es bella ,pero no se detiene.
Un saludo
Antonio