Mostrando entradas con la etiqueta recollida xoguetes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recollida xoguetes. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Campaña de recollida de xoguetes 2020-2011


O Nadal é una celebración que os cativos agardan con ansia. Cando comeza o mes de decembro todas as rúas se iluminan, os comercios decóranse con motivos de Nadal, e tamén o fan así os fogares. Sen dúbida, os rapaces son os que viven con máis ilusión a tempada de Nadal. Pero non todos os rapaces teñen a sorte de poder contar con agasallos e xoguetes nestes días, polo que, o Concello de Ames pon en marcha, por oitavo ano consecutivo, a campaña de recollida de xoguetes. Baixo o lema "¿Déixasme xogar?", a Concellería de Benestar Social e Igualdade pon en marcha unha nova edición desta campaña. A través desta iniciativa, as familias con máis recursos poderán axudar a que, aquelas que non dispoñen de recursos, poidan proporcionarlles aos seus fillos un xoguete nesta época tan especial para todos os cativos. É o oitavo ano consecutivo que a Oficina de Voluntariado de Ames dependente da Concellaría de Benestar Social e Igualdade leva a cabo esta iniciativa. Todas as persoas que queiran colaborar coa campaña deberán depositar os seus xoguetes nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns, de 10:00 h. a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Así mesmo, prégase que os obxectos doados sexan novos ou se atopen en bo estado, e non teñan carácter bélico nin sexista. As persoas interesadas en doar algún xoguete teñen de prazo ata o día 30 de decembro. Finalizado o prazo de entrega, a Oficina Municipal de Voluntariado será a encargada de repartir os xoguetes recollidos nesta campaña entre as familias con menos recursos. Deste xeito, todos os rapaces poderán gozar dun agasallo nun día tan especial e esperado para eles como é o día dos Reis, no que a ilusión e a diversión debe ser o que predomine en todos os nenos e nenas. As persoas que desexen obter máis información deberán dirixirse á Oficina Municipal do Voluntariado (OVA) ao teléfono 981 883 703, ou ben ás Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.